Thursday 02 de May de 2024

O Concello licita as melloras do firme e seguridade viaria á praia de Traba, na zona de Mórdomo


• O orzamento do proxecto ascende a 51.210, 01 euros con cargo ao Plan Único 2021 da Deputación da Coruña.

• As actuacións enfocaranse no acondicionamento do firme nos cruzamentos e a mellora da sinalización horizontal e vertical.

O Concello saca a licitación as obras para a mellora do firme e seguridade viaria na estrada municipal que vai á praia de Traba na zona de Mórdomo, na parroquia de Traba. O orzamento do proxecto ascende a 51.210, 01 euros con cargo ao Plan Único 2021 da Deputación da Coruña.

As intervencións centraranse no acondicionamento do firme nos cruzamentos, así como a mellora da sinalización horizontal e vertical. Ademais, verase reforzado o pavimento da vía situada entre os cruzamentos do Rego do Río Vago e a canle. Tamén se implantarán bandas transversais de alertas e substituiranse as barreiras de seguridade por outras con postes parafusados á estrutura.

O edil de Obras, Eulogio Constantino, sinala que estas actuacións “permitirán mellorar unha zona moi transitada polo tráfico rodado, sobre todo en época estival, aumentando así a seguridade viaria tanto de condutores como de viandantes”.